Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32345

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1025/2015).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1025/2015 por instancia de Eva Martínez Pousada contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap, a empresa Aldea Directo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre incapacidade permanente, nos cales recaeu sentenza o 31 de maio de 2018 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Desestímase a demanda formulada por Eva Martínez Pousada fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap, a empresa Aldea Directo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e estímanse as excepcións de inadecuación de procedemento e falta de esgotamento da vía administrativa previa opostas polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a mutua Fremap; non procede realizar as declaracións solicitadas nela.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aldea Directo, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza