Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para clasificar como solo urbano o polígono industrial de Suevos, no concello de Arteixo (expediente 2016AAE1898; código 1806/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para clasificar como solo urbano o polígono industrial de Suevos, no concello de Arteixo.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático