Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de reforma interior do ámbito das antigas fábricas de salga en Quenxe, no concello de Corcubión, promovido pola Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. (Sareb) (expediente 2018AAE2179; código 2058/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 4 de xuño de 2018, sobre o Plan especial de reforma interior do ámbito das antigas fábricas de salga en Quenxe, no concello de Corcubión, promovido pola Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. (Sareb).

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático