Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.01, obxectivo específico 06.01.01: desenvolver a separación, recollida selectiva e tratamento dos residuos, incluíndo as accións de peche de ciclo; teranse en conta tanto os plans de xestión como o investimento en infraestruturas.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 44/2017 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=241441.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34928480-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 460.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 460.000,00 €. Importe total: 556.600,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 18 de xuño de 2018.

c) Adxudicataria: Plastic Omnium Sistemas Urbanos, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 459.995,00 €. Importe total con IVE: 556.593,95 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio