Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 111/2018, interposto por Andrés García Rey.

A Dirección Xeral de Administración Local recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela o oficio do 15 de maio de 2018 polo que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que poidan resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. número 111/2018, interposto por Andrés García Rey, contra as resolucións da Dirección Xeral de Administración Local do 1 de decembro de 2017, do 24 de xaneiro e do 16 de febreiro de 2018, así como contra a do 3 de abril pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 1 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local