Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 16 de marzo de 2018, ditada pola secretaria xeral da Consellería do Medio Rural, da zona de concentración parcelaria de San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentada a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo sen que fose posible, notifícaselles por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 18 de xuño de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Acto notificado: resolución de recurso de alzada contra bases definitivas da concentración parcelaria de San Bartolomeu de Berande (Vilardevós-Ourense).

Destinatarios:

1. María Luisa Canado Diéguez.

2. María Luis Pérez.

3. Consuelo Roibal Barreira.

4. José Fernández Barreira.

5. María José Fernández Barreira.

6. Felipe Rodríguez Cid e outros.

7. Luis Pérez Agustín.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.