Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 19 de xuño de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola dunha superficie de 22,78 ha da parcela 1487 do polígono 42 do termo municipal do Incio.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 19 de xuño de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola dunha superficie de 22,78 ha da parcela 1487 do polígono 42 do termo municipal do Incio (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 20 de abril de 2018. O anuncio foi publicado no DOG núm. 94, do 18 de maio.

Lugo, 20 de xuño de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo