Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Perdecanai (Barro-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.

O expediente administrativo estará á súa disposición nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar, en Pontevedra. Teléfono 986 80 54 33.

Pontevedra, 20 de xuño de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Acto que se notifica

R-2, R-22, R-53

Aquilino Rodríguez Pintos

Resolución recurso de alzada

R-38

Manuel Castro Moldes

Resolución recurso de alzada

R-38

José Manuel Fontán Costas

Resolución recurso de alzada

R-28

Elías Fontán Magariños

Resolución recurso de alzada

R-32, R-33

Celso Ferreiro Frieiro

Resolución recurso de alzada

R-51

Ignacio Remeseiro Diz

Resolución recurso de alzada

R-51

José Manuel Remeseiro Diz

Resolución recurso de alzada

R-51

María Luisa Remeseiro Diz

Resolución recurso de alzada

R-54

José Manuel Pintos Calvo

Resolución recurso de alzada