Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada no expediente de subvención das axudas para o fomento das frondosas caducifolias 12360094/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) notifícaselle á persoa interesada que figura no anexo o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento das primas de mantemento dos anos 2011 e 2012 no expediente de subvención 12360094/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Se non comparece no prazo indicado, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural (Servizo de Fomento Forestal-Dirección Xeral de Ordenación Forestal).

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: subvención núm. 12360094/2009.

Persoa interesada: José Malvar Senra.

Acto de notificación: acordo de inicio de perda do dereito de primas de mantemento dos anos 2011 e 2012.