Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada no expediente de subvención das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais 17320072/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) notifícaselle á persoa interesada que figura no anexo a resolución do procedemento de perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención 17320072/2016 (Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2016 (DOG núm. 120, do 27 de xuño de 2015).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Se non comparece no prazo indicado, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

A mencionada resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor, potestativamente o recurso de reposición, perante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante ao órgano xurisdicional competente, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte o da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: subvención núm. 17320072/2016.

Persoa interesada: Mª Belén Rodríguez Estévez.

Acto de notificación: resolución do procedemento de perda total do dereito ao cobramento da axuda.