Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción para o parque eólico Monte Tourado-Eixe, sito no concello de Vimianzo e promovido por Fenosa Wind, S.L. (expediente IN661A 2011/20-1).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Fenosa Wind, S.L. (en diante a promotora) en relación coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do parque eólico Monte Tourado-Eixe (en diante parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico, cunha potencia de 36 MW.

Segundo. O 20.6.2011 a promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública, en concreto, para o parque eólico.

Terceiro. O 3.4.2012, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria (en diante a Xefatura Territorial) informou sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico.

Cuarto. O 10.4.2012 a promotora presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Quinto. Por Resolución do 25 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 6.8.2012, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 12.7.2012 (corrección de erros no BOP do 7.9.2012) e no xornal La Voz de Galicia do 12.7.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado (Vimianzo), da Xefatura Territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións, co contido que se resume a seguir:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc. Así mesmo, nalgunhas alegacións maniféstase a vontade de negociación para evitar a expropiación, desacordo coa expropiación parcial ou solicitude de inclusión na RBDA como titulares de dereitos de aproveitamento sobre determinados predios.

– Manuel Maceiras Hermida, como titular do dereito mineiro Maceiras nº 163, presentou alegacións propias do trámite de compatibilidade entre o dereito mineiro e o parque eólico. Ademais, manifesta que o estudo económico do proxecto do parque eólico non recolle os gastos de adquisición dos terreos e que o estudo de impacto ambiental ignora a existencia do dereito mineiro, polo que non se tiveron en conta os efectos sobre o medio socioeconómico de forma correcta.

– A Sociedade Galega de Historia Natural, na súa alegación, solicita que:

a) Ao non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade, non se autorice a afección de aeroxeradores e vías de acceso sobre hábitats de conservación prioritaria na UE presentes na zona, especies incluídas no anexo II da citada lei, nin sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia;

b) Se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva de aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona e se estableza a adopción de medidas mitigadoras;

c) Se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007;

d) O proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

Sexto. Mediante oficios do 25.6.2012, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Xefatura Territorial remitiu as separatas do proxecto de execución do parque eólico, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Vimianzo, Axencia Galega de Infraestruturas, Axencia Estatal de Seguridade Aérea, Retegal e Retevisión I, S.A.

Sétimo. O 10.7.2012 a Axencia Galega de Infraestruturas informou de que o proxecto do parque eólico non afecta ningunha estrada pertencente á rede titularidade da Xunta de Galicia.

Oitavo. O 13.7.2012 Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico, no cal se recolle que, a pesar de non se observar obstrucións directas nos sinais de televisión da TDT, se unha vez executado o parque eólico as houber, a promotora deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT. A promotora manifestou a súa conformidade o 21.8.2012.

Noveno. O 25.7.2012 Retevisión I, S.A. achegou o seu condicionado. A promotora manifestou a súa conformidade o 4.9.2012.

Décimo. O 12.02.2014 a Xefatura Territorial reiterou a solicitude de condicionado, efectuada o 25.6.2012, ao Concello de Vimianzo.

Décimo primeiro. O 24.3.2014 o Concello de Vimianzo emitiu o correspondente condicionado. O 20.5.2014 a promotora presentou a súa resposta.

Décimo segundo. O 28.4.2014 a promotora presentou a Resolución do 1 de abril de 2014, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, en materia de servidumes aeronáuticas, pola que se autorizaron as instalacións do parque eólico, e se estableceu o correspondente condicionado.

Décimo terceiro. O 7.10.2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a continuación da tramitación do expediente incorporando a modificación de proxecto motivada por informes sectoriais, consistente de forma xeral na recolocación do aeroxerador nº 12, unha vez comprobado que esta modificación non influía na relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010, aprobada por Resolución do 20 de decembro de 2010.

Décimo cuarto. O 18.3.2015, para os efectos de continuar coa tramitación do expediente, a promotora presentou a addenda ao proxecto de execución e a relación de bens e dereitos afectados actualizada, nos cales se recollen as modificacións autorizadas pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 7.10.2014. Posteriormente, o 29.5.2015 a promotora achegou as separatas do proxecto modificado para o Concello de Vimianzo, Retegal e Retevisión I, S.A.

Décimo quinto. Por Resolución do 27 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial, someteuse a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, das novas afeccións do proxecto do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 20.8.2015, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 7.8.2015 e no xornal La Voz de Galicia do 10.8.2015. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado (Vimianzo) e da Xefatura Territorial, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Décimo sexto. Mediante oficios do 30.7.2015 a Xefatura Territorial remitiu as separatas do proxecto modificado ao Concello de Vimianzo, a Retegal e a Retevisión I, S.A., para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos.

Décimo sétimo. O 24.8.2015 Retegal emitiu o correspondente condicionado, nos mesmos termos que o establecido o 13.7.2012 en relación coa separata do proxecto inicial. A promotora mostrou a súa conformidade mediante escrito presentado o 24.9.2015.

Décimo oitavo. O 28.8.2015 Retevisión I, S.A. emitiu o correspondente condicionado. A promotora manifestou a súa conformidade mediante escrito presentado o 24.9.2015.

Décimo noveno. O 18.2.2016 o Concello de Vimianzo emitiu informe sobre a separata do proxecto modificado. O 18.3.2016 a promotora achegou a súa resposta.

Vixésimo. O 2.3.2016 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial actualizou o informe sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico. Coa mesma data, a dita xefatura acordou iniciar o trámite de compatibilidade de utilidades públicas concorrentes no espazo territorial proxectado para o parque eólico.

Vixésimo primeiro. O 6.6.2016 a Xefatura Territorial emitiu o informe de compatibilidade entre o parque eólico e o dereito mineiro Maceiras nº 163. No citado informe considerábase que existía incompatibilidade entre ambos os aproveitamentos.

Vixésimo segundo. O 8.7.2016 a Xefatura Territorial emitiu o informe sobre o proxecto do parque eólico e a tramitación do expediente.

Vixésimo terceiro. O 11.7.2016 a Xefatura Territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Vixésimo cuarto. O 27.6.2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 21 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 155, do 17 de agosto).

Vixésimo quinto. O 4.7.2017 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Vixésimo sexto. O 30.6.2017 a Subdirección Xeral de Recursos Minerais comunicou que o 6.6.2016 a Xefatura Territorial iniciase o procedemento de caducidade do dereito mineiro Maceiras nº 163.

Vixésimo sétimo. O 31.8.2017 a promotora achegou o documento Valoración ambiental da modificación do modelo de aeroxerador. Parque eólico Monte Tourado-Eixe. Agosto 2017, co fin de que o órgano ambiental efectuase as consideracións oportunas sobre o cambio do modelo de aeroxerador proxectado para o parque eólico. Esta modificación supón a eliminación da posición nº 9, como consecuencia da maior potencia unitaria dos novos aeroxeradores, que aumenta desde os 3 MW do modelo previsto inicialmente (Enercon E-82), aos 3,273 MW da nova máquina (Vestas V-126). Así mesmo, modifícanse as posicións dos aeroxeradores 1 e 2 e adáptanse as cimentacións e plataformas necesarias para a montaxe do novo modelo de aeroxerador.

Vixésimo oitavo. O 25.9.2017, para os efectos de continuar coa tramitación do expediente, a promotora presentou a addenda nº 2 ao proxecto de execución e o proxecto sectorial modificado, nos cales se recollen os cambios mencionados no punto anterior.

Vixésimo noveno. O 26.10.2017, de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, introducida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora solicitou a declaración de proxecto de interese especial para o parque eólico.

Trixésimo. O 31.10.2017, en resposta ao requirimento da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 28.9.2017, a promotora achegou o documento Valoración ambiental da modificación do modelo de aeroxerador. Edición 2. Parque eólico Monte Tourado-Eixe Outubro 2017.

Trixésimo primeiro. O 13.11.2017, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, a promotora solicitou a tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido pola dita lei.

Trixésimo segundo. O 4.12.2017 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial modificado de acordo co previsto na Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Trixésimo terceiro. O 14.12.2017, en resposta ao requirimento da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 22.11.2017, a promotora achegou o documento Informe complementario á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ao documento Valoración ambiental da modificación do modelo de aeroxerador edición 2. Parque eólico Monte Tourado-Eixe. Decembro 2017.

Trixésimo cuarto. O 20.12.2017 a promotora achegou a Resolución do 18 de decembro de 2017, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, en materia de servidumes aeronáuticas, pola que se autorizaron as instalacións modificadas do parque eólico, e se estableceu o correspondente condicionado.

Trixésimo quinto. O 21.12.2017 o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico como proxecto de interese especial.

Trixésimo sexto. O 22.1.2018, en resposta ao informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 9.1.2018, a promotora presentou o documento Valoración ambiental da modificación do modelo de aeroxerador edición 3.1. Parque Eólico Monte Tourado-Eixe. Xaneiro 2018. Este documento remitiuse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para o seu informe, de acordo co requirido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Trixésimo sétimo. O 26.1.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a continuación da tramitación do expediente incorporando a modificación de proxecto motivada polo cambio no modelo de aeroxerador, consistente de forma xeral na recolocación dos aeroxeradores nº 1 e 2 e na eliminación do aeroxerador nº 9, unha vez comprobado que esta modificación non influía na relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 aprobada por Resolución do 20 de decembro de 2010.

Trixésimo oitavo. O 8.3.2018 co obxecto de dar resposta ao requirido pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural o 16.2.2018, a promotora achegou Documentación adicional ao Informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural sobre Proxecto de modificación do modelo de aeroxerador do parque eólico Monte Tourado-Eixe. Rev/02, de data do 7.3.2018.

Trixésimo noveno. O 15.5.2018 a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu un novo informe, concluíndo que en vista dos antecedentes e da documentación analizados non se identifican impactos significativos, e establecendo, así mesmo, a necesidade de ratificar esta valoración durante o seguimento ambiental e de ter en conta os aspectos sinalados no informe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña.

Cuadraxésimo. O 18.5.2018 a Xefatura Territorial emitiu informe actualizado sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico, no que se recolle que as posicións 3 e 5 se sitúan dentro do perímetro autorizado o 6.9.2010 para o aproveitamento de recursos da sección A) Maceiras, nº 163. Non obstante, tendo en conta que o mencionado dereito mineiro caducou o 1.11.2017, conclúese que na data actual non existe incompatibilidade do parque eólico con ningún dereito mineiro vixente.

Cuadraxésimo primeiro. O 30.5.2018 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu informe concluíndo que, sempre que se cumpra o recollido na documentación complementaria achegada pola promotora e o sinalado no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 15.5.2018, non existen obxeccións aos cambios solicitados pola promotora.

Cuadraxésimo segundo. O 7.6.2018, en resposta ao requirimento deste dirección xeral do 5.6.2018, a promotora achegou declaración responsable en relación coas separatas do proxecto, na cal manifesta que as modificación introducidas non producirán afeccións diferentes ás xa consideradas por Retegal, Retevisión e o Concello de Vimianzo nos seus informes anteriores.

Cuadraxésimo terceiro. O 14.6.2018 a promotora achegou documentación complementaria.

Cuadraxésimo cuarto. O 12.6.2018 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co documento P.E. Monte Tourado-Eixe. Proxecto Executivo. Addenda nº 2. Setembro 2017.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 19 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos, no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación ao expediente de referencia de acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. No que respecta ás alegacións relacionadas coa solicitude de declaración de utilidade pública (titularidade e características dos bens e dereitos afectados, magnitude das afeccións, solicitudes de negociación, etc.) cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, os cales se terán en consideración na resolución que se emita no procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico.

2. En relación coas alegacións sobre a afección do parque eólico ao dereito mineiro Maceiras nº 163, cómpre manifestar que o 1.11.2017 foi ditada resolución de caducidade do mencionado dereito mineiro, polo que non procede a instrución do trámite de compatibilidade establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

3. Con respecto ás alegacións de carácter ambiental, cabe indicar que o proxecto do parque eólico foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental, e como resultado del a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Cambio Climático formulou o 27.6.2017 a declaración de impacto ambiental (DIA). Nesta tramitación tivéronse en conta os informes emitidos polos diferentes organismos interesados, así como as alegacións achegadas durante o trámite de información pública.

Con respecto ás modificacións introducidas no proxecto con posterioridade á DIA, estas contan co informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, tal e como se recolle nos antecedentes de feito trixésimo noveno e cuadraxésimo primeiro.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para o parque eólico Monte Tourado-Eixe, situado no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido pola sociedade Fenosa Wind, S.L., para unha potencia de 36 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Monte Tourado-Eixe, composto polos seguintes documentos:

1. P.E. Monte Tourado-Eixe. Proxecto de Execución. Xuño 2011, asinado pola enxeñeira industrial Consolación Alonso Alonso, colexiada nº 9746 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid (COIIM), e visado polo mencionado colexio o 14.6.2011, co nº 201103544;

2. P.E. Monte Tourado-Eixe. Addenda ao proxecto de execución. Marzo 2013, asinado pola enxeñeira industrial Consolación Alonso Alonso e visado polo COIIM o 19.3.2013, co nº 201103544;

3. P.E. Monte Tourado-Eixe. Proxecto Executivo. Addenda nº 1: recolocación de aeroxeradores. Decembro 2014, asinado pola enxeñeira industrial Consolación Alonso Alonso e visado polo COIIM o 2.3.2015, co nº 201103544;

4. P.E. Monte Tourado-Eixe. Proxecto Executivo. Addenda nº 2. Setembro 2017, asinado o 14.6.2018 pola enxeñeira industrial María Isabel López Ferrer, colexiada nº 17566 do COIIM.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Fenosa Wind, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: parque eólico Monte Tourado-Eixe.

Potencia instalada: 36 MW.

Produción neta anual estimada: 97.670 MWh/ano.

Concello afectado: Vimianzo (A Coruña).

Orzamento de execución material: 33.155.120,60 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

A

498.374,47

4.770.785,57

B

499.874,49

4.770.785,58

C

499.874,50

4.766.785,56

D

498.374,48

4.765.785,55

E

496.972,46

4.766.785,55

F

497.022,46

4.767.263,55

G

497.874,47

4.767.285,56

H

498.374,48

4.767.785,56

Coordenadas dos aeroxeradores e da estación anemométrica:

Nº aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

498.707,28

4.770.411,50

2

498.958,80

4.770.395,83

3

499.172,32

4.770.261,99

4

499.370,54

4.770.112,21

5

499.454,90

4.769.876,59

6

499.364,17

4.769.149,65

7

499.501,54

4.768.915,92

8

498.630,75

4.768.782,41

10

498.933,74

4.768.380,60

11

499.246,01

4.767.892,42

12

499.470.49

4.769.574,57

Estación anemométrica

499.282,49

4.768.609,57

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 11 aeroxeradores Vestas V-126 de 3.273 kW de potencia nominal unitaria, cun diámetro de rotor de 126 m e unha altura da buxa de 87 m.

– 11 centros de transformación de 4.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/30 kV, grupo de conexión Dyn5, instalados individualmente no interior de cada aeroxerador cos correspondentes elementos de seccionamento, manobra e protección.

– 1 torre anemométrica equipada con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

– Liñas eléctricas subterráneas de 30 kV de tensión nominal para a interconexión entre os centros de transformación 0,65/30 kV e coa subestación transformadora 30/66 kV, con cables RHZ1 OL 18/30 kV en condutor unipolar de Al con illamento XLPE e con seccións 3×(1×240) e 3×(1×150) mm2.

– Subestación cun transformador principal 30/66 kV intemperie, grupo de conexión YNd11, de 42 MVA de potencia nominal, e outro de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA, Dyn11, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control no cal se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Fenosa Wind, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 317.526 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e o procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que se aproba por esta resolución.

5. De conformidade co artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 1 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

6. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 27.6.2017 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e no informe do mesmo órgano do 30.5.2018.

7. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións a promotora deberá presentar ante a Xefatura Territorial un certificado de final de obra, subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

8. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal da TDT directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Fenosa Wind, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo que lle resulten de aplicación.

10. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

12. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito quinto:

Germán Graíño Martínez, en representación da CMVMC Arxomil, Areosa y Treos, o 26.7.2012 e o 6.8.2012; Felisa Lema Canosa, o 8.8.2012; Mª Esther Pais Mourelle, o 30.5.2012; José Antonio Taibo Rey, en representación de Norte Forestal, S.A., o 9.11.2012; María Sanmartín Pérez, o 12.7.2012; María Cruz Mouzo Castiñeira, o 6.7.2012; Emilio Pérez Santos, actuando en nome propio e no da comunidade hereditaria de Clarisa Santos, o 13.7.2012; Zulema Santos Caamaño, o 19.7.2012; María Isabel Ramos Martínez, o 20.7.2012; Dulzura Freire Sanmartín, o 1.8.2012; Manuel Maceiras Hermida, o 11.7.2012 e o 9.8.2012; Esperanza Pose Rioboo, o 17.8.2012; Beatriz Pose Vidal, o 11.8.2012; Jenaro Saiz García, o 16.7.2012; Clarisa Arias Canosa, o 26.7.2012; Serafín González Prieto, en representación da Sociedade Galega de Historia Natural, o 9.8.2012.