Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2018, do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura, polo que se notifica ao interesado a resolución do recurso de alzada 2016/65-RA-C, en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, anúnciase a notificación da resolución do recurso de alzada 2016/65-RA-C en materia de protección do patrimonio cultural a Santiago Luaces de La-Herrán, a quen non se lle puido notificar por correo certificado.

A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, a resolución non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018

Mª del Carmen Sáenz de Cenzano Lousa
Xefa do Servizo Técnico-Xurídico

ANEXO

Nº de expediente: 2016/65-RA-C.

Recorrente: Santiago Luaces de La-Herrán.

Último enderezo coñecido: O Igrexario, 4, Lemaio, 15145 A Laracha (A Coruña).

Resolución notificada: resolución de recurso de alzada.