Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31740

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

ANUNCIO de convocatoria de 30 bolsas para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, en colaboración coa Fundación Amancio Ortega Gaona, convoca 30 bolsas (10 delas inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2018/19. Prazo de envío e presentación de solicitudes: ata o 3 de xullo de 2018. Abrirase unha segunda convocatoria ata o 23 de setembro de 2018 no caso de que queden prazas vacantes.

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: www.mpxa.net

A Coruña, 1 de xuño de 2018

José Francisco Sánchez Sánchez
Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre