Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes e a determinación das condicións estéticas e compositivas dos edificios que se van construír no rueiro 46 A do polígono 1 do ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, na antiga unidade de actuación número 7.

A Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de abril de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro. Prestar aprobación, con carácter inicial, ao estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, polas entidades mercantís Sabadell Real Estate Development, S.L. e Buildingcenter, S.A.U., para o rueiro 46 A da unidade de actuación número 7 do PXOU de Pontevedra, instrumento urbanístico redactado polos arquitectos Julio Daniel Rodríguez Rodríguez e Daniel Riovoira Zecca, datado en xaneiro de 2018, con entrada no Rexistro Xeral do Concello o 15 de febreiro de 2018, baixo o número 2018005429, para a ordenación de volumes e a determinación das condicións estéticas e compositivas dos edificios que se van construír no rueiro 46 A do polígono 1 do ámbito da modificación puntual do PXOU, na antiga unidade de actuación número 7 (rúa de José Malvar Figueroa e vías de nova apertura), coa finalidade de dar cumprimento ás condicións impostas na licenza de parcelamento do 11 de outubro de 2010.

Segundo. Someter a información pública o citado estudo de detalle, durante un prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará, por conta dos promotores, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do concello, na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación individual a Pontelérez Promociones Inmobiliarias, S.L.U., como propietaria das parcelas 46 A1 e 46 A4 e non promotora do estudo de detalle, así como aos restantes propietarios catastrais, para os efectos de que durante o dito período poidan examinar o expediente e formular as alegacións e suxestións que se consideren oportunas. O remate do citado prazo de alegacións computarán desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou notificación individual, se fose posterior, e dilixenciarase a documentación exposta pola Secretaría da Administración Municipal.

As notificacións individuais aos propietarios dos terreos afectados farase por medio de anuncios no Boletín Oficial del Estado cando sexan descoñecidos, sexa ignorado o lugar de notificación ou, tentada esta, non se puidese practicar.

Terceiro. Advertir expresamente que a aprobación definitiva do estudo de detalle quedará condicionada á previa ou simultánea aprobación da modificación da licenza de parcelamento aprobada o 11 de outubro de 2010, no que atinxe aos accesos aos garaxes e servidumes de paso e gravames dos predios resultantes do parcelamento, modificación de licenza aínda non solicitada formalmente no día de hoxe (...)».

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar o expediente no Servizo Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2, baixo) e formular as alegacións e as xustificacións que considere procedentes.

Así mesmo, infórmase que na data actual xa está publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta no día de hoxe: http://sede.pontevedra.gal/public/publications/list/municipalregulations/NORTRA) o contido íntegro do documento aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno local, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 25 de xuño de 2018

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde