Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31741

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ACORDO do 22 de xuño de 2018 polo que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto de coordinador/a da Unidade Norte.

Mediante Acordo do 23 de marzo de 2018, publicado no Diario Oficial de Galicia número 82, do venres 27 de abril de 2018, anunciouse a convocatoria para a cobertura do posto de coordinador/a da Unidade Norte.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o tribunal de selección se nomeará polo Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. En virtude do anterior, o Consello de Administración celebrado o 22 de xuño de 2018

ACORDOU:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto de coordinador/a da Unidade Norte, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2018

Heriberto García Porto
Presidente do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANEXO

Tribunal

– Presidente:

Titular: Diego Jorreto Díaz, licenciado en Dereito, empregado de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Xurídico na Unidade Territorial Sur.

Suplente: Belén López López, licenciada en Dereito, empregada de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Xurídico na Unidade Territorial Sur.

– Secretario:

Titular: Ángel Rodríguez González, licenciado en Dereito, empregado de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Xurídico na Unidade Territorial Norte.

Suplente: Ana Castaño Calviño, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, empregada de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento de Administración, Comercial e Servizos na Unidade Territorial Sur.

–Vogais:

Titular vogal 1: Pablo Núñez Otero, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, empregado de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Técnico nos Servizos Centrais.

Suplente vogal 1: Antonio López López, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, empregado de cadro da sociedade Xestur, S.A., que desempeña as súas funcións dentro do Departamento Técnico na Unidade Territorial Norte.

Titular vogal 2: Jorge Picouto Delgado, licenciado en Dereito, xefe do Servizo de Xestión de Recursos Humanos e de Réxime Interior do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Suplente vogal 2: Susana Mera Souto, licenciada en Dereito, xefa do Servizo Técnico Xurídico do Instituto Galego da Vivenda e Solo.