Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31553

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018 pola que se modifica a Resolución do 24 de maio de 2018 pola que se convoca un posto de persoal directivo.

I. Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 18 de xuño de 2018, é necesario facer a seguinte corrección no anexo III:

– Na páxina 29537, onde di:

«SOLICITO: ser admitido/a na convocatoria para prover o posto de persoal directivo denominado director/a da Área de Promoción e Calidade Forestal con código EI.A21.00.003.15770.001, anunciada pola Resolución........................................................, ao considerar que reúno os requisitos exixidos».

Debe dicir:

«SOLICITO: ser admitido/a na convocatoria para prover o posto de persoal directivo denominado director/a da Área de Innovación Forestal, con código EI.A21.00.002.15770.001, anunciada pola Resolución........................................................, ao considerar que reúno os requisitos exixidos».

II. Na cláusula sétima das bases reguladoras establécese un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes.

De conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, amplíase en cinco (5) días hábiles o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 24 de maio de 2018 pola que se convoca un posto de persoal directivo (DOG núm. 115, do 18 de xuño).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

missing image file