Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1227/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1227/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Beatriz Martínez Souto contra Fondo de Garantía Salarial e Alejandro Martín Castiñeira Benítez, sobre ordinario, se ditou a Resolución do 1 de xuño de 2018 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fágolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Alejandro Martín Castiñeira Benítez, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza