Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31552

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 24 de maio de 2018 pola que se convoca un posto de persoal directivo.

Mediante a Resolución do 24 de maio de 2018 pola que se convoca un posto de persoal directivo (DOG núm. 115, do 18 de xuño) aprobáronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria para o posto de director/a da Área de Promoción e Calidade Forestal da Axencia Galega de Industria Forestal.

Na cláusula sétima das bases reguladores establécese un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes.

De conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar en cinco (5) días hábiles o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 24 de maio de 2018 pola que se convoca un posto de persoal directivo (DOG núm. 115, do 18 de xuño).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal