Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2018, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-03390-I-2017).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-03390-I-2017 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselle un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 6 de xuño de 2018

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-03390-I-2017

M 2877 VV

Rafael Castro García

79323807G

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

5.12.2017; 10.54; N-651; 24,500

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros