Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 12 de xuño de 2018, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02976-O-2017).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-02976-O-2017 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesadas.

É informada de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 12 de xuño de 2018

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; pq

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02976-O-2017

7666-DMM

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

20.6.2017; 18.50; A-55; 21,426

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 €