Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31174

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual do polígono 2 do SAU 11.

Asunto. Información pública polo prazo de dous meses contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia da aprobación inicial da modificación puntual do polígono 2 do SAU 11, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento.

Este anuncio tamén se publica no xornal El Correo Gallego e na sede electrónica deste concello (enderezo: https://sede.concellodemelide.org/gl/)

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 25 de maio de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, que se publica en extracto:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do polígono 2 do SAU 11 con base no documento presentado con data 14.5.2018 e nº de rexistro de entrada 1420 por Juan Carlos Casal Vázquez titulado Modificación puntual Polígono 2 SAU11 Melide (A Coruña) aprobación inicial. Promotor: Juan Carlos Casal Vázquez e Eladio Casal Vázquez. Situación: sector 2-SAU 11, 15800 Melide (A Coruña), redactado polo arquitecto Santiago Muñiz Gómez. A Coruña, maio 2018.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo mínimo de dous meses.

Terceiro. Suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. (…) A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extínguese, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan. As ditas áreas afectadas pola suspensión son as seguintes: na epígrafe Planos do índice consta o punto 8. (Suspensión de licenza) do documento de aprobación inicial. Conforme o documento de aprobación inicial, a modificación puntual abrangue o ámbito do solo urbano do POL-2 do SAU 11, mantendo a súa delimitación e incorporando a ordenación detallada do polígono 2. Será neste ámbito onde están suspendidas as licenzas tras a aprobación inicial do orzamento. A delimitación da área recóllese definida no plano 1 que consta no documento de aprobación inicial.

Durante o devandito prazo o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Melide, 19 de xuño de 2018

Dalia García Couso
Alcaldesa