Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle modificado da parcela N4a01c do quinteiro N do SUND-40 do parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de maio de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela N4a01c do parque empresarial da Sionlla (SUND-40), segundo o proxecto presentado o 12.4.2018 por Terras de Sar, S.L., redactado por Naos 04 Arquitectos, S.L.P. O proxecto supón a modificación do estudo de detalle en vigor na citada parcela, que fora aprobado definitivamente polo Pleno municipal con data 19.10.2017.

A parcela localízase na confluencia das rúas de Andalucía e de Castela e León, e no Catastro figura coa referencia 0101913NH4500A0000IH.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral de Patrimonio Cultural, en cumprimento do exixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-da-parcela-N4a01c-do-quinteiro-N-do-SUNP-40-Parque-empresarial-da-Sionlla/gl

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 30.5.2018)
Xan Xesús Duro Fernández
Concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia