Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fan públicos varios acordos de procedencia de reintegro de axudas concedidas do Programa de incentivos á contratación de persoas traballadoras, cofinanciado polo FSE.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuizo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo, os interesados poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, situado na avenida da Habana, 79-7ª planta en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírtese os interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 16 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR348B 2010/1-3.

Nome: Dani&Gus, S.L.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/3-3.

Nome: Ourensana de Petróleos, S.L.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/81-3.

Nome: Construcciones Alto da Chaira, S.L.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/144-3.

Nome: Sistor, S.C.

Concello: Taboadela.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/157-3.

Nome: Embutidos Artesanos de Galicia A Lareira, S.L.

Concello: A Gudiña.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/176-3.

Nome: José Manuel Nogueiras Prieto.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/178-3.

Nome: Aníbal Cid Fernández.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/218-3.

Nome: Diseño Moda, S.L.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR348B 2010/234-3.

Nome: María Eugenia Nora González.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo B, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.