Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción da ampliación da subestación de San Cibrao 132/20 kV, con nova posición de liña, posición Cogeneración del Noroeste 132 kV, no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2018/17-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción para as seguintes instalacións eléctricas:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: ampliación da subestación San Cibrao 132/20 kV, con nova posición 132 kV de Cogeneración del Noroeste.

Situación: pol. Industrial San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

Ampliación da subestación con nova posición de liña a 132 kV, mediante a instalación de módulo híbrido para conectar as barras existentes a liña do cliente Cogeneración del Noroeste, en espazo libre xa habilitado –que figura no expediente IN407A 2012/70-3 (APM do 16 de decembro de 2014)–.

O citado módulo, modelo HYPACT de G.E.E., está composto por:

Un seccionador tripolar no lado de barras, 2.500 A e 40 kA; un seccionador tripolar na saída a liña, 2.500 A e 40 kA, motorizado e con dúas posicións (aberto e pechado); un interruptor automático tripolar, 2.500 A e 40 kA, de illamento e corte en gas SF6; un armario de control situado na propia estrutura do módulo cos seus aparellos propios e bornas de centralización; tres transformadores de intensidade de tipo toroidal de relación 200-400-800/5-5-5 A, e potencias e clases de precisión 15 VA cl 0,5, e 2×15 VA cl 5P 20, montados sobre os bushing; os seus correspondentes dispositivos de proteccións e medida que se instalará en armario á intemperie.

Autoválvulas; transformadores de tensión e de intensidade e sistema de proteccións, control, comunicacións, medida e RPM, así como a correspondente rede de terras.

Orzamento: 356.937,22 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de xuño de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense