Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de varias subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas cales se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe intepoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, situado na avenida da Habana, 79, 7º andar, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 16 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR348A 2010/80-3.

Solicitante: Mª Olivia dos Santos Ribeiro.

Concello: Ourense.

Materia: contratación indefinida inicial de colectivos desfavorecidos.

Precepto infrinxido: base sétima, anexo A, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG núm. 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Expediente: TR341D 2010/891-3.

Solicitante: Mónica García García.

Concello: Ourense.

Materia: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Precepto infrinxido: artigo 17, número 1a), do capítulo IV da Orde do 22 de abril de 2010 (DOG do 28 de abril).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Expediente: TR341D 2010/892-3.

Solicitante: Mónica García García.

Concello: Ourense.

Materia: axuda excepcional.

Precepto infrinxido: artigo 17, número 1a), do capítulo IV da Orde do 22 de abril de 2010 (DOG do 28 de abril).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.