Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do 7 de xuño de 2018 do Consello da Xunta de Galicia polo que se declara de interese especial un proxecto de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e a súa infraestrutura de evacuación asociada.

Antecedentes:

En cumprimento do disposto na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de xuño de 2018, acordou declarar de interese especial un proxecto de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e a súa infraestrutura de evacuación asociada.

RESOLVO:

Publicar no DOG a parte expositiva do Acordo do Consello da Xunta do 7 de xuño de 2018 co texto literal seguinte:

«Primeiro. Declarar de interese especial o seguinte proxecto de parque eólico e da súa liña de evacuación: Ourol e LAT 132 kV evacuación P.E. Ourol.

Segundo. Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial».

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas