Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2014/207-1).

Expediente: IN407A 2014/207-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: modificado e anexo ao proxecto de recuamento de MT en mina As Pontes (expediente 593/07) LMTA Tesouro (MOL-816).

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Feitos.

1. O 5 de decembro de 2014, a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 24 de febreiro e no BOP do 10 de febreiro de 2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Actuacións na LMTA Tesouro (MOL-816) para liberar e/ou facilitar o tendido da nova LAT (132 kV) Penaloba-subestación de Tesouro, en cinco zonas de afeccións:

Afección nº 1: recuamento dun tramo entre os CT Mourela e o CT A Machado (expediente 83/02).

Afección nº 2, 3 e 4: instalaranse dous seccionadores SXS.

Afección nº 5: acondicionamento de apoio existente avanzado, este apoio nº 19-5 en dirección ao nº 19-4, subestación Tesouro, tres metros, mantendo altura e dirección.

Desmantelamento do tramo de líña existente que se recuará.

Anexo do modificado ao proxecto de recuamento mina das Pontes (expediente/07) Burkard, Hecht Elorduy, enxeñeiro industrial, nº colexiado 2633 de Galicia Visado 20152018 (30.7.2015).

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal deberá achegar a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

5. Todos os novos apoios que se instalen na zona recreativa da praia Lago deben ter a consideración de frecuentados sen calzado.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de octubre), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de xuño de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña