Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións denominadas parque eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 13 de xuño de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN6661A 2004/9-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Muxía I.
Concello: Muxía.
Predio |
Lugar |
Titularidade |
427 |
Trozo da Croa |
Manuel Montero Pereira |