De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2,-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 6 de xuño de 2018
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2018-0042.
Interesado: José Seoane Pernas.
Acto notificado: resolución.
Expediente: CO-RES-2018-0058.
Interesado: Nicusor Gache.
Acto notificado: resolución.