Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia ANI-CO-0039/2017-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de xuño de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ANI-CO-0039/2017-V.

Denunciado: Santiago Fernández Castro.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: ANI-CO-0080/2018-V.

Denunciada: Beatriz Trava Martínez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: ANI-CO-0086/2018-V.

Denunciada: Natividad Álvarez Cadahía.

Acto de notificación: acordo de inicio.