Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30545

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de febreiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 3 de xullo de 2018, na aula número 2 da Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul.

Os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples, sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, estará expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal