Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30543

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xuño de 2018 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio) e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde de 1 de xuño de 2018 (DOG núm. 109, do 8 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Promoción interna.

Num.

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

76580162Y

Veiguela Fernández, Noa

FCA010000215770031

FC

Xefatura Sección de Difusión e Información I

A2

25

Instituto Galego de Estatística

S. X. de Síntese, Análise e Difusión

Santiago de Compostela

2

44489593A

Fernández González, Lucía

FCA010000215770021

FC

Xefatura Sección de Análise e Estudos I

A2

25

Instituto Galego de Estatística

S. X. de Síntese, Análise e Difusión

Santiago de Compostela

Acceso libre.

Num.

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

33278016Y

Rey López, Gonzalo Luis

1

FCA010000015770009

FC

Posto base subgrupo A1

A1

20

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

2

36051889X

Pérez Lago, Ángel de Jesús

2

FCA010000015770013

FC

Posto base subgrupo A1

A1

20

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela