Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotación para equipamento e dotación deportiva privada en Dorrón (expediente U-085/17).

A Xunta de Goberno local, en sesión realizada o 18 de maio de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao Plan especial de infraestruturas e dotación para equipamento e dotación deportiva privada, en Dorrón-Sanxenxo, tramitado por instancia do Instituto Calasancio de las Hijas de la Divina Pastora.

Exponse o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que quen se considere afectado ou prexudicado poida formular as alegacións que considere procedentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sanxenxo, 28 de maio de 2018

Telmo Martín González
Alcalde presidente