De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuizo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentaren recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 del mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato siguiente. O pagamento realizase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado plazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Lugo, 11 de xuño de 2018
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo
ANEXO
Expediente: LU-S-56/2017.
Denunciada: Andrea López González.
Establecemento: Café-bar Andión.
Enderezo: José Antonio, 50.
Localidade: Sarria.
Precepto infrinxido: artigo 35 alínea g) da Lei 7/2011.
Tipo de infracción: artigo 109.2 alínea a) da Lei 7/2011.
Cualificación: leve.
Resolución: 11 de maio de 2018.
Sanción: multa de cen euros (100,00 €).