Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30462

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verea

EDICTO polo que se publican as bases da convocatoria dunha praza de administrativo de Administración xeral.

Por acordo da Xunta de Goberno local do 6 de xuño de 2018, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de administrativo de Administración xeral para este Concello, mediante sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia núm. 138, do 18 de xuño de 2018, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición libre, da praza vacante de persoal.

Esta praza ten as seguintes características:

– Grupo: C; subgrupo: C1; escala: Administración xeral; subescala: administrativo; clase: funcionario; denominación: administrativo; número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica www.concellodeverea.com e no taboleiro de anuncios do Concello.

Verea, 19 de xuño de 2018

Juan Antonio Martínez González
Alcalde