Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xuño de 2018 pola que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/15/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 23 de abril de 2018, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 14 de decembro de 2015, na cal se declaran ilegalizables as obras de construción dunha vivenda unifamiliar, na parcela 946 do polígono 161, no lugar da Parrocha, na parroquia de Nete, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Juan José Rey Cortiñas e Mª Ángeles Cendán Polo (en calidade de titores legais de Leticia Rey Cendán), mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentaren recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística