Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de xuño de 2018 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/309/2017-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/309/2017-RP1 a José Ramón Gil Lojo e Mª Jesús Mondragón Patiño, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación para uso residencial na rúa Depuradora 29, C, Trabanca Badiña, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentaren alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ós citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística