Por Resolución do 20 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta, do 19 de abril de 2018, polo que se declarou a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Manuela García Cordero para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
A persoa interesada ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas