Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN661A 2014/1-1, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada «repotenciación do parque eólico Malpica», nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial correspondente.

A Coruña, 12 de xuño de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2014/1-1.

Entidade beneficiaria: Pemalsa.

Denominación da instalación: repotenciación do parque eólico Malpica.

Concellos: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data de
pagamentos

Hora

50

Malpica de Bergantiños

Herdeiros de Manuel Pampín Lema

5.7.2018

10.00

206

Ponteceso

Bautista Ordóñez García

5.7.2018

11.30

230

Ponteceso

Herminio Ordóñez García

5.7.2018

11.30

284

Ponteceso

Aurora Rellán García e José Varela Calvo

5.7.2018

12.00