Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2018/278-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avda. de Pontevedra, 14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS CD Pazos-CT Pazos 1, fase 2: Intensa-Instituto.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 448 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Pazos 2 e final no paso aéreo subterráneo que se vai realizar no apoio fin de liña, do que parte a LMTA de derivación Intensa-Instituto. A instalación está situada en Pazos, Ponte Caldelas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Referencia catastral

Titular

Afeccións

metros lineais

m2 pleno dominio

m2 servidume

1

36043A02801440

Comunidade de Montes Veciñais de Pazos

24,1

26,47

104,29

2

36043A02801441

Comunidade de Montes Veciñais de Pazos

31,0

24,19

105,90