Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 51/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Lorenzo Martís Santamaría contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.A., se acordou notificar a parte dispositiva do auto e decreto do 28.5.2018 ditado no procedemento ETX 51/2018 a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.A., en ignorado paradoiro:

«Auto:

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución contra Limpiezas Secope, S.L. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. a favor da parte executante José Lorenzo Martís Santamaría polo importe de 9.835,90 euros en concepto de principal e 983,59 euros en concepto provisorio de xuros de demora e custas, así como polo importe de 601,00 euros en concepto de honorarios só fronte ao Fogasa.

Contra este auto non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte executada se poida opor ao despacho de execución nos termos previstos no artigo 556 da LAC e no prazo de dez días contados desde o seguinte á notificación do presente auto e do decreto que se dite.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a secretario/a xudicial»

«Decreto:

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Limpiezas Secope, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., dar audiencia previa á parte demandante José Lorenzo Martís Santamaría e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Requírase o Fogasa para que no prazo de quince días proceda ao aboamento de 601,00 euros en concepto de honorarios de letrado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0051 18. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0051 18. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.A., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza