Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (87/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio Labandeira Grille contra Galicarbo, S.L. e José Ramón Blanco Barreiro, en procedemento ordinario rexistrado co número 87/2017, se acordou citar as demandadas Galicarbo, S.L. e José Ramón Blanco Barreiro, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa; polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 31 de xullo de 2018, ás 10.10 e ás 10.15 horas, respectivamente, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Galicarbo, S.L. e José Ramón Blanco Barreiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza