Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio de expediente administrativo sobre exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
No citado acordo dáselle audiencia á interesada para alegacións polo prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio, durante o cal poderá achegar a documentación e propor a proba que conveña ao seu dereito.
O expediente relacionado está á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, sita na avenida da Habana, 79-1ª planta, 32872 Ourense.
Ourense, 31 de maio de 2018
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Interesada |
DNI |
Corpo |
Natividad Araújo Martínez |
34918381B |
Auxilio xudicial |