Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29897

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da licitación de adxudicación, en réxime de concorrencia mediante concesión demanial, de dúas instalacións de dominio público con destino a quioscos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Servizo Municipal de Patrimonio; rúa Don Filiberto, s/n, 3º andar, 36002 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: concesión demanial explotación de dous quioscos. Prazo: cinco (5) anos.

3. Procedemento e forma: réxime de libre concorrencia.

4. Canon: quiosco praza de Barcelos: 2.400 €/ano; praia fluvial Monte Porreiro: 1.100 €/ano.

5. Garantías. Provisional: non. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Patrimonio. Teléfono: 986 86 86 11 e www.pontevedra.gal.

7. Presentación de ofertas: cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: cláusula 10 do prego.

Pontevedra, 4 de xuño de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda