Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29898

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de persoal laboral fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo ao abeiro do establecido no Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, convoca probas selectivas para cubrir unha (1) praza de persoal laboral fixo polo procedemento de concurso-oposición:

1 responsable de sistemas de información e comunicacións.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios e na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.com, na páxina web do organismo Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

As solicitudes deberanse presentar no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.

Vigo, 11 de xuño de 2018

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo