Mediante o acordo do Pleno Municipal, do 4 de abril de 2018, adxudicouse o contrato de concesión de servizos de xestión do centro de día de maiores de Leiro, e a súa formalización publícase para os efectos do artigo 154 da Lei 9/2017, de contratos do sector público.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Leiro (Ourense).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.
c) Número de expediente: CGSC01/2017.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: perfil de contratante da Deputación Provincial de Ourense, na páxina web www.depourense.es.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: concesión de servizos.
b) Descrición: xestión do centro de día de maiores de Leiro.
c) CPV (referencia de nomenclatura).
85312100-0-Servizos de centros de día.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación.
Perfil de contratante da Deputación Provincial de Ourense, BOP e DOG.
e) Datas de publicación do anuncio de licitación:
Perfil de contratante: 27.10.2017.
BOP: 2.11.2017.
DOG: 3.11.2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato:
4.006.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación (canon de explotación):
a) Importe neto: 36.000 euros.
b) Importe total: 36.000 euros.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 4 de abril de 2018.
b) Data de formalización do contrato: 13 de abril de 2018.
c) Contratista: Gesmedical-Dis, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación:
Importe neto: 3.000,00 euros/ano.
Importe total: 3.000,00 euros/ano.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria:
Valoración conxunta da oferta formulada, na cal se contén:
– Melloras sobre as instalacións.
– Melloras sobre a composición da estrutura de recursos humanos do centro de día.
– Melloras sobre o horario mínimo de apertura exixido.
– Melloras sobre facilitación dos servizos de comedor e/ou lavandaría a veciños e veciñas do concello.
– Outras melloras propostas.
Leiro, 28 de maio de 2018
Francisco José Fernández Pérez
Alcalde