En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 5 de xuño, os estatutos da Asociación Empresarial de Laboratorios de Prótesis Dental de Galicia (Adelapga).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito profesional: poden ser membros da asociación aquelas persoas que así o desexen e reúnan as condicións seguintes:
a) Ser empresarios ou autónomos dedicados á prótese dental, xa sexan persoa física ou xurídica.
b) Non estar inhabilitados por unha sentenza xudicial firme para o exercicio da actividade de protésico dental, nin ter sido condenados por intrusión profesional.
Asinan a acta de constitución: Belén Martínez Troncoso, Jesús Ricón Ricón e María Noya Varela.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego