Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29776

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a composición da Xunta Arbitral do Transporte de Galicia, designada pola Resolución do 2 de xullo de 2014.

A Xunta Arbitral do Transporte de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 23 de outubro). A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral do 2 de xullo de 2014, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral do Transporte de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 14 de xullo).

O 17 de xaneiro de 2018, aprobouse o Decreto 1/2018, do 11 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2017, do 6 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que modifica a estrutura interna da Dirección Xeral de Mobilidade e, en consecuencia, suprime o servizo a que figuraba adscrita unha vogalía e a suplencia da Secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia. Por mor destes cambios faise necesaria unha revisión da composición do órgano arbitral no tocante aos membros deste organismo que representan á Administración, e considérase conveniente a designación de xeito directo dos funcionarios públicos que deben ocupar, en condición de titulares ou suplentes, cada unha das correspondentes funcións.

Por tanto, a pesares de que a modificación afecta unicamente aos membros do órgano arbitral que representan á Administración, motivos de claridade aconsellan reproducir nesta resolución a súa composición completa.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear membros titulares e suplentes da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia ás persoas que a seguir se relacionan:

1. Presidente/a:

1.1. Titular:

– Antón García Río.

1.2. Suplentes:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– Mª Carmen Arnoso Calvo.

– Lourdes Courtier Ramos.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– Mª Carmen Arnoso Calvo.

2.1.2. Suplentes:

– Lourdes Courtier Ramos.

– David Conde Varela.

– José Jorge Martínez Fernández.

– César Concheiro Ceide.

2.2. Representante das empresas de transporte por ferrocarril:

– Vacante.

2.3. Representante das empresas de transporte de viaxeiros e viaxeiras, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.3.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.3.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.4. Representante das empresas de transporte de mercadorías e das actividades auxiliares e complementarias do transporte, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.4.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.4.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.5. Representante das persoas consumidoras e usuarias, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

2.5.1. Titular:

– Rocío Arnoso Moure.

2.5.2. Suplente:

– Almudena Carracedo Troncoso.

2.6. Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– Héctor Torres Laguna.

2.6.2. Suplente:

– José Manuel Maceira Blanco.

3. Secretario/a:

3.1. Titular:

– Lourdes Courtier Ramos.

3.2. Suplentes:

– David Conde Varela.

– Mª Carmen Arnoso Calvo.

– José Jorge Martínez Fernández.

Segundo. A dita modificación entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A composición establecida nesta resolución será aplicable para as vistas e actos da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia que se celebren a partir da data de publicación da presente resolución; para os anteriores entenderase aplicable a composición vixente ata entón. En todo caso, para ditar laudos correspondentes a vistas celebradas con anterioridade á dita data, entenderase aplicable a composición vixente no momento de celebrarse a vista oral.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade