Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO do 23 de maio de 2018 referente á convocatoria, para a cobertura en propiedade por funcionarios de carreira, de dúas prazas de peón operario, incluídas na oferta de emprego pública de 2017.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 96, do 21 de maio de 2018, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Dúas (2) prazas de peón operario pertencentes á Escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios, encadrada no grupo de titulación agrupacións de titulación agrupacións profesionais, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Marín, 23 de maio de 2018

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta