Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29763

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de publicación de extracto de convocatoria de prazas.

No Boletín Oficial da provincia núm. 102, do 29 de maio de 2018, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2016 e 2017, pola quenda de promoción interna:

– Unha praza de arquiveira ou arquiveiro bibliotecario, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, integrada no grupo A1, pola quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnica ou técnico de xestión tributaria, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, integrada no grupo A1, pola quenda de promoción interna.

– Tres prazas de técnica ou técnico auxiliar en educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, pola quenda de promoción interna horizontal.

– Dúas prazas de técnica ou técnico informático de nivel 3, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar, integradas no grupo C1, pola quenda de promoción interna.

– Catro prazas de condutora ou condutor maquinista, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, pola quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de vixilante de mobilidade, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, pola quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficiala ou oficial agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, pola quenda de promoción interna.

– Unha praza de subalterna ou subalterno, encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, integrada no grupo E, pola quenda de promoción interna horizontal.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 29 de maio de 2018

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior